O cantautor norteamericano James Taylor foi recoñecido por parte do Goberno francés como novo Cabaleiro da orde das Artes e as Letras.

Ese galardón foi creado no ano 1957 para recoñecer a excelencia de escritores e artistas que contribuían a promocionar as artes en Francia e no mundo.

A entrega do galardón, que premia a dúas persoas anualmente, tivo lugar na embaixada francesa radicada na cidade de Nova Iorque.

No seu día recollimos nestas mesmas páxinas a información de que a fadista lusa Mísia tamén recibira esa mesma orde, que salientaba o seu destacado traballo profesional no mundo da música.