O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, amosa o seu pesar polo falecemento do escritor, académico e Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña, Xosé Neira Vilas, e envía as súas condolencias á familia e as súas amizades. O rexedor lamenta o falecemento do senlleiro escritor, autor de “imprescindibles” da literatura galega como Memorias dun Neno Labrego, libro “co que se identificaron varias xeración de galegos e galegas, entre elas, a miña”, comenta o rexedor nun comunicado. “A súa condición de emigrante contribuiu ao coñecemento da súa obra e a complicidade e cariño que espertou”, destaca.

A vinculación de Neira Vilas coa cidade da Coruña, ademais de pola Universidade, pasa tamén polas visitas á Feira do Libro, ou pola súa condición de membro da Real Academia Galega.