O derradeiro acto público de Xosé Neira Vilas foi o pasado sábado, 21 de novembro, en Tomeza, na provincia de Pontevedra, onde asistiu á presentación do libro Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda no corazón dos nosos nenos, de Loli Beloso. Unha obra que louva a traxectoria deste autor galego e a súa importancia para o desenvolvemento da literatura galega nos últimos decenios.