Tres coruñeses, entre os gañadores do concurso 'Lingua de namorar' da Xunta

O certame de declaracións de amor tenta fomentar o uso do galego nos mozos

01.04.2016 | 01:02

Tres coruñeses resultaron gañadores do certame Lingua de namorar, organizado polas consellerías de Educación en Política Social co obxetivo de fomentar o uso do galego entre os más novos. En concreto, o primeiro premio na categoría de 20 a 35 anos por escribir unha declaración de amor en galego foir a parar a Alba Dono, de Ordes, polo texto "O mundo cheo de laranxas e eu por aquí a buscar o meu medio grelo, que beba da terra, o alente un orballo e me queira en galego". O segundo e terceiro posto foron para os coruñeses Clara Presedo e Juan Manuel Sánchez, segundo informou onte a Xunta. Recibiron unha cámara reflex, un reloxo e un disco duro externo.

Na categoría de máis novos, de 14 a 19 anos, os gañadores foron Sabela Domínguez (Verín) co texto "Cando estaba a piques de botarme a perder, gañeite" e Sara Caride (Cambados) e Xeila Rey (Vilanova de Arousa). As tres recibiron un teléfono móvil, un dron con cámara de vídeo e unha torre de son con Bluetooh.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Enlaces recomendados: Premios Cine