A gala dos XV PREMIOS OPINIÓN, que se celebra esta noite no teatro Rosalía, achega o mellor do panorama actual da música de raíz. Os finalistas que optan a levarse o galardón a mellor artista este ano figuran recoñecidos artistas como Xabier Díaz, Begoña Riobó e Pepe Vaamonde.

Os mellores traballos discográficos recaen en The Tambourine Man de Xabier Díaz, E Quiral de Riobó, Fame da Orquesta de Jazz de Galicia, Nas Pedras do Lar de Pepe Vaamonde.

Tamén esta noite elíxese o mellor tema orixinal, ao que aspiran Alba María con ´Habaneira de Berlín´, Sérgio Tannus con ´Libre para voar´, Fernando Pérez con ´Retello´ e Pepe Vaamonde con ´Treboada´.