Amancio Prada é o único que ten o premio xa asegurado para esta noite. O xurado valorou a súa andaina para facelo merecedor de acadar o IX Premio Andaina Senlleira. O cantautor berciano ten unha forte ligazón coa nosa terra dende a edición dos discos Rosalía de Castro e Caravel de Caraveles a mediados da década dos setenta.