Xosé Lois Romero&Aliboria preparan a saída do seu primeiro disco para finais de mes e a actuación de hoxe serviralles como carta de presentación diante do público coruñés. Romero exerce a dirección dunha proposta musical que pretende tocar os instrumentos tradicionais galegos dun xeito contemporáneo, algo que nunca antes se fixera.