Redacción.A Coruña A artista maiorquina María del Mar Bonet desvela "as súas teimas, os seus temores, as feridas que lle deixou o amor e como pasa o tempo en soedade" no libro Voz de mar/Véu de mar, do xornalista valenciano Emilio Garrido, quen considera a Bonet "unha das mellores cantantes do Mediterráneo". A obra resume os dous encontros mantidos entre artista e escritor en Barcelona e Mallorca. A través desas conversas, Garrido descobreu que "María del Mar son moitas María del Mar: a aventureira, a mística e a hedonista, amante da vida e dos placeres", e que mantén agachada a súa faceta como acuarelista.Neses encontros tivo a oportunidade de se achegar un pouco máis a unha figura que "trascende o ámbito lingüístico catalán" e que durante os seus corenta anos de traxectoria profesional "sempre salvagardou a súa privacidade", apuntou o autor da obra. Garrido afirma que o seu libro está concebido como unha "entrevista poética", que comezan encorsetados como cantante e xornalista, e na que rematan "convertidos en personaxes dunha trama de suspense que se desvela no derradeiro capítulo".