XOSÉ MANUEL MALLO
Por fin cazaron onte unha das trampas futbolísticas que adoita facer o Valencia. Pérez Burrull e o seu cuarto árbitro decatáronse da evidencia, que Villa estaba tirado no céspede porque desde o banquiño valencianista o empurraron para que se deitase. Fóra do partido tería que haber unha sanción máis grande. É unha grande proba de falla de profesionalidade, primeiro por querer enganar ao xuiz do partido e segundo por tratar de aproveitarse do adversario. Villa xa o fixo con Juanma en Mestalla. Tirouse dentro do área e Delgado Ferreiro expulsou ao deportivista e pitou penalti, sen que houbese nada. Fixo o mesmo que o sábadao no Camp Nou, onde expulsou a Keita por non facer nada. Grave iso de pitar cousas que non existen. Onte saiulle mal ao Valencia. Ademáis, alguén amosu mala profesionalidade porque todos os rivais saben que o Deportivo, non lanza o balón fóra se hai un xogador no chan. De pouco serviron as bravatadas de Baraja e Joaquín, ameazando a Filipe, porque nesta oportuniade foron cazados. Tamén Villa. Este por riba encarouse cos deportivistas cando pediron o segundo cartón por unha man, que foi. Morro total. Pero foi cazado outra vez.Vermella. Esta tirada saiulle mal. O pior e que ese é o tipo de partido que lle vai a este equipo. Gústalle atrapallalo, máis cando está con ventaxe no marcador, como onte. Unha ventaxe regalada por De Guzman. Cando se decatará o canadiano de que non se pode dar o balón cara a portería propia sen mirar? Non é a primeira vez que o fai e onte custou caro. Moito. Erros imperdoabeis.