XOSE MANUEL MALLO
Rematan os bolos, eses partidos que os equipos xogan durante o verán para prepararse, para recuperar hábitos que se perder nas vacacións. Eses encontros nos que o marcador di moito, pero que non serve para nada. Hai quen está ledo porque o seu equipo gañou todos o bolos. Semella que acumula puntos para cando comece a Liga. Pero xa se sabe, hai que bla, bla e bla. Outros van xogando con todos os seus homes, van facendo experimentos, que é cando os hai que facer, para que cando empece o de verdade estén máis perto da súa verdade, da permite competir. De que sirve gañar o torneo de San Roque, o de Catalaspiedras de Arriba ou o Teresa Herrera? De nada se so supuxo ganar. Nestes casos perder pode ter moito máis valor. De feito, teno. Cando gañas por dezasete a cero nun amigable pensas que estás por riba do ben e do mal, mesmo pensas que cando chegue o serio vai ser igual, pero o fume acaba esvaéndose. Porque é fume. Que equipo, que futbolista se emprega do mesmo xeito nun bolo que nun partido oficial? Nengún. Xogan con seriedade, pero fuxen dos riscos. Pero na competición sempre se xoga con risco.