A pé de rúa

Rachas opostas en Pucela

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

XOSÉ MANUEL MALLO Están por Pucela un pouco apretados. Levan sete meses e algo sen gañar na casa -o último triunfo foi diante do Getafe o pasado 15 de marzo- e están a ollar o pozo. Noutra situación, noutra época, un partido coma o do domingo agardaríano con certa cautela, pero con confianza. O Deportivo volta case sempre sen os puntos. Pero nesta oportunidade a situación é un pouco distinta. A tendencia á baixa da última parte da pasada temporada, na que pasaron do noveno ao décimo sexto posto, parece que se mantén neste novo curso. Ademais, chegan a este partido nesa mesma posición, na que remataron o ano pasado, e contra un equipo que está en racha positiva, sobre todo de resultados. O Valladolid non gaña na casa; o Deportivo leva catro partidos sen perder e imbatido e ademais marcou en todos os partidos que se levan disputados. Son uns antecedentes para tremer un pouco. Non de medo; de preocupación. Con todo por aquí sábese que non vai ser un partido regalado, que Zorrilla -alén dos seareiros- é un campo difícil para o equipo e, polo que se ve, para os futbolistas do plantel albiazul. Mesmo do técnico. É o que di a historia. Claro que hai quen pensa, creo que con acerto, que a historia vaise escribindo cada día, e ningún se parece ao anterior. Por iso, un partido que parecía decantado a xogarse a 1 fixo na quiniela, dá para pensar noutras posibilidades pola situación de ambos conxuntos. Unha parte importante do xogo vai estar na sensación que ofrece o Deportivo en defensa. Esa firmeza é a que queren manter todos. Non é doado facelo durante cinco partidos seguidos, di Aranzubia, pero hai razóns para pensar que é posíbel. A defensa é o mellor ataque, pode ser o plantexamento dos albiazuis neste momentos. A defensa. A que tantos denostan pero que vén ser a chave de todos os éxitos, como dicía o inglés John Gregory: "Os dianteiros gañan partidos; os defensas gañan campionatos". Boa teoría. Faltoulle levala á práctica.

COMPARTIR
 
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas