a pé de rúa

Polo menos...

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

XOSÉ MANUEL MALLO Hai ben pouco Lopo, entre outros compañeiros seus, preguntaba que era mellor, xogar ben e non gañar ou que xoguen como o están a facer e obter as vitorias que están a acadar. Era co gallo do partido disputado polos albiazuis en Tenerife, onde gañaran polo mesmo tanteo que onte en Murcia. A resposta é contundente, pois o máis importante no fútbol é ganar. Para moitos é o único importante. E foi Lopo, precisamente, o que acadou onte o gol que lle deu o triunfo ao seu equipo. Outra vez en xogada de estratexia. Ollando as notas; ollando o partido; ollando o que escribe o meu compañeiro Rubén Darío desde Murcia hai que dicir polo menos... o Deportivo gañou. Non o poden dicir todos os equipos de primeira que se enfrontaron contra rivais de categorías inferiores. O Madrid e o Athletic perderon diante de conxuntos de Segunda B e Segunda División, Alcorcón e Rayo Vallecano, respectivamente. Os galácticos saíron estrelados diante dos seus veciños da comunidade (4-0) e os bilbaínos cun resultado importante de Vallecas (2-0). Hai quen di que non van ter problemas, en especial os brancos, para continuar nesta competición, pero a vergoña -se a teñen- xa a pasaron. Mentres, por aquí, podemos falar do mal que xogou o Deportivo en Murcia; de que Manu, na súa estrea, foi clave para que o seu equipo voltase vitorioso; podemos falar de moitas cousas e moi poucas boas deste partido de La Condomina, pero ao final todo conclúe no mesmo: o equipo albiazul gañou e ten os oitavos de final case na man. Para quedar fóra ten que perder por máis dun gol na casa, ou por un sempre que encaixe dous o máis tantos. É posíbel. Si. Pero o primeiro pao deuno el no seu desprazamento a Murcia. Mal partido. Horríbel. Si, pero...

COMPARTIR
 
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas