a pé de rúa

Os grandes pensadores

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

XOSÉ MANUEL MALLO Mira que choveu onte antes do partido. O que caía cando comezou a festa na rúa Barrera era o que estaba acumulado e ameazando despois de tanto tempo dun calor abafante. Pois esa cantidade de auga que caeu non foi quen de evitar que esta céntrica rúa estivese ateigada de xente con indumentaria roxibranca. Non era tanto pola empanada, o xamón asado ou o viño que repartiron os hosteleiros da zona, era porque querían festa. Houbo menos deportivistas dos esperados porque a auga tirounos para atrás. Eles estaban na casa, os asturianos fóra e non tiñan tempo que perder ficando, nalgún dos casos, no hotel. Todo un espectáculo. Xa acontecera o ano pasado por estas datas máis ou menos. E tamén pasou en Xixón cando o Deportivo foi xogar aló. A xente o que quere é feira, ter un motivo para saires da casa e disfrutar. O fútbol dalle argumentos dabondo para facelo. Os deportivistas adoitan moverse para ir a Valladolid -aínda que non son demasiados porque non atopan moito atractivo-; a Pamplona e a Santander como antes a Logroño e a Oviedo. Pois ben. Todo este movimento queda capado por momentos por mor da incapacidade dos dirixentes. Prefieren ingresar uns cantos cartos coa selección que pensar nos miles de seareiros que se poden desprazar cos seus equipos. Porque os mércores, na metade da semana, ninguén se pode mover. E este ano en Xixón toca un mércores. Unha oportunidade perdida de repetir o de onte aquí en A Coruña ou o do curso pasado. Que máis lles da a estes que cobran de todos nós.

COMPARTIR
 
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas