a pé de rúa

A realidade dos espellos

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

XOSÉ MANUEL MALLO Asanción ao ex auditor do Deportivo polo seu traballo nas contas do clube no exercicio 2005-06 vai quedar niso, nun castigo persoal dun ano de inhabilitación. Alguén me preguntaba onte de que forma lle ía afectar ao clube. Non souben responder. Polo que me din se ninguén denuncia non vai pasar nada. Se castigan a un auditor é porque as contas están mal, non? Insistía o meu interlocutor. Eu supoño que si. A sanción é por "incumplimento das normas de auditoría susceptíbel de ter un efecto significativo sobre o resultado do seu traballo e, por conseguinte, no seu informe". Se o resultado do seu traballo é merecedor dunha sanción, entendo que está mal feito todo. Ou unha boa parte. Logo, tamén as contas. Logo tiñan razón os que se queixaron naquela asemblea do rebumbio de 2006 no Playa Club. Logo, que vai pasar? como me dicían a min onte. Eu penso que nada. Vai depender en boa medida do que decidan os accionistas, que son os donos do clube. Haberá uns que vexan as cousas dun xeito e outros dunha forma distinta. Vai depender do espello que empreguen. A imaxe deformada que reflictan algúns resulta máis agradábel que a propia realidade. Seguro que Max Estrella, a personaxe estrela de Valle-Inclán en Luces de Bohemia, faría a súa peculiar interpretación desta situación. "O sentido tráxico da vida española so se pode dar cunha estética sistematicamente deformada", dicía o cego poeta creado por Valle. Aquí o mesmo. Melllor deformar adrede a realidade, como se saíse proxectada por un espello cóncavo, que matinar gratuita e inutilmente.

COMPARTIR
 
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes