EN DIRECTO
a pé de rúa

Se é mellor ser cuarto ...

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

XOSÉ MANUEL MALLO Visto o visto, o doado sería dicir que este equipo é un desastre, pero visto o visto, sobre todo os que estiveron en Riazor, habería que concluír que este equipo está reventado e que dá o que dá. É como a vaca que dá leite ata que queda seca. Pois este equipo está chegando os límites. Hai moitas razóns, pero a máis salientable é a falla de efectivos, xogadores básicos no esquema de Lotina. Alén disto poderíase analizar o resultado. Para min foi esaxerado, pero pódese discutir un triunfo tan concluínte? Eu penso que si. O Sevilla gañou ben, pero gañou cunha diferenza que non mereceu e que non soñaba antes de comezar o encontro. Unha diferenza, por outra banda, que sería menor, se é que chegaba a existir, se Iturralde pitase o penalti sobre Bodipo. Non sei que pitou na xogada na que o dianteiro caeu no área, por moito que a vexa so miro un empurrón. No campo ao mellor vese outra cousa, pero para min só hai penalti. En calquer caso, hai árbitros aos que eu lles concedo sempre o marxe da dúbida pola súa traxectoria. É o caso de Iturralde. Pode errar, pero tampouco é para cargar contra el porque amosou ao longo da súa traxectoria a súa capacidade. Penso que errou e perxudicou ao Deportivo. Nada máis. O resto é cuestión de eficacia e sorte dun superequipo que busca un título pero que aínda segue por detrás do Deportivo, malia que algún está moi orgulloso porque está en tres competicións. De momento atópase por baixo do equipo coruñés e do Mallorca, que non son súper. Vai resultar que é mellor ser cuarto que campeón de Copa.

COMPARTIR
 
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
Esquí  
Esquí
Todas las novedades de las estaciones de esquí y del estado de la nieve
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
Cargando...
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009