EN DIRECTO
Los jugadores del Dépor llegan a María Pita para celebrar el ascenso. Sigue la fiesta EN DIRECTO! <
a pé de rúa

O falar non ten cancela

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

XOSÉ MANUEL MALLO Onte fiquei moi soprendido mentres escoitaba certos comentarios encol do partido do mércores. Cando fala xente que non coñezo limítome a escoitar sen máis. Conversas varias, discusións, opinións... e vía xente meio alporizada pola derrota diante do Sevilla. Eu non sei se a xente que máis falaba, que máis agredía verbalmente ao adestrador, sobre todo, e aos futbolistas, é da que vai a Riazor cada vez que hai partido ou que fala segundo o resultado. Sei que algún dos interlocutores é habitual no estadio, polo tanto sabe o que hai e ata onde pode chegar este equipo. Porque perder co Sevilla é moito máis que normal; o anormal é gañarlle ao Valencia e deixalo fóra da Copa, sobre todo da forma en que o fixo o Deportivo, vencendo en Mestalla e anulando os dous goles que os valencinistas tiñan de aventaxe en Riazor. Iso é o extraordinario.Non sei como alguén pode pensar que este equipo pode competir ao mesmo nivel que o sevillista, que o Madrid, que vén a vindeira semana, que o Barcelona e con outros tantos rivais cun plantel moi superior, en número e en calidade, que o que ten o conxunto coruñés. Falamos de Champions, falamos do que era a UEFA, falamos de títulos, falamos, falamos..., o falar non ten cancela. Abonda con deterse un pouco a ollar como están os futbolistas albiazuis, o esforzo que teñen que soportar nalgún caso -"al final tenemos que jugar estés como estés", dicía onte Antonio Tomás-. Fanno por orgullo, porque a "ilusión pode máis que o cansanzo", que comentaba Juan Rodríguez. Un equipo no que onte xogaron dous futbolistas que principiaron a temporada en Terceira División. Un equipo roto que vai ter a sorte de que só lle vai ficar a Liga para tentar manter esa anormalidade ata o remate. Creo que hai xente inxusta. Creo que este equipo, técnicos e futbolistas, están a sacar petróleo de onde non hai nada. Entendo que a derrota produciu certa decepción, pero a realidade é a que é.

COMPARTIR
 
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
Esquí  
Esquí
Todas las novedades de las estaciones de esquí y del estado de la nieve
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
Cargando...
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009