GONZALO RABUÑAL
Outra longa xornada ciclista. Onte non pasou nada importante de cara á clasificación xeral, malia que cambiou o líder. En principio pensabamos que ía ser un día máis movido, sobre todo na última subida. Ao principio saímos moi rápido, rodando a 50 km/h durante a primeira hora. Houbo continuos ataques e grupos de todos os tamaños. Estivemos infiltrándonos, pero foi a primeira vez na que hai unha escapada numerosa e non nos podemos meter ningún do equipo. Ese é o pero que se lle pode poñer ao equipo.
Unha vez que pasou o traballo, tiñamos que estar pendientes de Ezequiel, era moi importante nun porto explosivo como ese deixalo ben colocado. Decidimos (non sobre a marcha, senón que xa estaba falado) poñernos nós ao mando e a tirar do pelotón.
Agora xa estamos pensando na etapa que temos por diante, con final en alto e que ten un porto moi duro no que Ezequiel se vai ter de que deixar ver máis.