X Triatlón A Coruña: Consulta o dispositivo de tráfico

A proba, que congregará a 330 deportistas, motivará cortes de circulación desde as 09.30h e afectará ao estacionamento e a rutas de bus no entorno do paseo marítimo

16.05.2016 | 12:53
Zona de transición en un Triatlón en A Coruña.

O Concello da Coruña ten previsto para este martes, 17 de maio, un dispositivo especial de tráfico por mor do X Tríatlon de Riazor, que comenzará ás 10.00 horas da mañá e que congregará a 330 deportistas nas distintas probas que se celebrarán arredor do paseo marítimo. A competición, organizada polo Club Tríatlon Coruña coa colaboración do Concello, terá a súa saída, meta e zona de transición na zona da praia de Riazor, xunto ás Esclavas.

O primeiro segmento da proba será nas augas da mesma praia, mentres que o segundo tramo, que as e os atletas percorrerán en bicicleta, transcorrerá desde a glorieta do Millenium ata a glorieta do cruzamento da Avenida Barrié de la Maza con Curros Enríquez. O último segmento do X Tríatlon Riazor será a carreira a pé, e celebrarase polas avenidas de San Roque de Afora e Gerardo Porto.

O dispositivo especial de tráfico posto en marcha pola área de Seguridade do Concello comezará ás 09.30 horas, tendo en conta que ás 10.00 se iniciará a proba ciclista. Nese momento quedará totalmente pechado ao tráfico o Paseo Marítimo, concretamente o espazo entre a glorieta do Millenium (que quedará inhabilitada para o tráfico en xeral) e a glorieta de Curros Enríquez que si será empregada para a regulación de vehículos. A previsión é que a nova regulación especial de tráfico remate en torno ás 14.30 horas da tarde.

Manteranse as conexións da Avda. de Buenos Aires cara Calvo Sotelo e Rubine? así coma as da rúa Alta coa rúa Socorro, e da rúa Sol con Hospital. Nos disintos pasos peonís do Paseo, situarase persoal da organización e membros da Policía Local para permitir o tránsito seguro da veciñanza durante as probas de ciclismo e carreira a pé. A carreira pedestre comprendida dentro do Tríatlon discorre por zonas peonís e habilitadas para o paseo entre o Playa Club e a glorieta do Millenium polo que, no seu caso, non terá incidencia na circulación, xa afectada polo trazado do segmento de ciclismo.

LIMITACIÓN DE ESTACIONAMENTO

De cara a facilitar a seguridade da proba, o percorrido polo que discorre deberá estar libre de vehículos, polo que se ubicarán sinais de prohibición de estacionamento a partir das 00.00 horas do 17 de maio. En xeral, quedará limitado todo o estacionamento que hai no Paseo Marítimo entre a glorieta do Millenium e a fonte dos Surfistas.

TRANSPORTE PÚBLICO

Por outra banda, as liñas de transporte público urbano cuxo percorrido inclúa o Paseo Marítimo 3, 3A, 4, 5, 6, 7 e 11tamén modificarán o seu itinerario habitual nos distintos tramos afectados pola celebración da proba.

As liñas 3, 3A e 7, desde a Avenida da Habana, circularán por Calvo Sotelo, Alfredo Vicenti e Praza de Pontevedra, onde as liñas 3 e 7 recuperarán o seu su itinerario habitual? mentres que a 3A continuará polas rúas San Andrés e Sol. Ata a finalización da proba, continuará o seu percorrido por Hospital, Praza de España, Orillamar e Manuel García Canzobre ata Adormideras. A liña 3 tamén sufrirá modificacións no sentido Adormideras Praza de Pontevedra polo que, desde a glorieta das Lagoas, circulará pola Avenida de Hércules, Torre, Praza de España, Panaderas, San Andrés e Praza de Pontevedra, onde recuperará o seu itinerario.

As celebración da proba tamén obrigará as liñas 4, 6, 6A e 11 a mudar o seu percorrido, que desde a Praza de Pontevedra continuarán pola rúa San Andrés e Sol. Na rúa Hospital, as liñas 4, 6 e 6A retomarán o itinerario, mentres que a liña 11, continuará por Hospital, Praza de España, Avenida de Navarra e Ronda de Monte Alto ata a glorieta das Lagoas, onde recuperará o percorrido habitual.

Ademais os taxis que se atopan habitualmente na parada de Paseo de Ronda (zona das Esclavas) pasarán á parada de bus de Manuel Murguía.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Canal Esquí

Esquí alpino

Toda la información sobre la nieve

Consulta la información más completa de las estaciones de esquí, consejos, , snowboard, viajes...

 
Enlaces recomendados: Premios Cine