Fran González e Míchel Salgado, os seleccionadores galegos neste ano, amosaron o seu orgullo polo equipo e os xogadores. "Con este equipo pódense facer cousas marabillosas", dixeron Fran e Míchel, ao remate do partido. "Eu penso que na Liga española estarían loitando por acadar un posto que dá dereito a xogar a Liga de Campións", aseguraron tanto un como outro adestrador.

Coincidiron en moitas cousas o excentrocampista do Deportivo e o exlateral do Celta e do Madrid, mesmo na opinión sobre a parella Lucas-Aspas. "Son dous demos", dixo Salgado. "Coa súa verticalidade e a súa calidade poden facer destragos en calquera equipo no que xogeun xuntos", engadiu. Palabras que ratificou Fran.

No que non concordaron foi no que supuxo o resultado. "Para min non empaña o partidazo que fixeron estes xogadores. Foi tremendo, mostraron a súa calidade e sempre cara arriba. Se estivesemos máis acertados no remate teriamos gañado por goleada", dixo Fran. "Estou dacordo en parte co que dixo Fran, que puidemos gañar por unha diferenza moi ampla, pero para min ese gol a falla dun minuto non mancha o excelente traballo que fixeron estes xogadores diante dunha selección tan competitiva", salientou Míchel.