selección galega

Os futbolistas queren máis Irmandiña

Os xogadores que participaron no partido da selección galega perante Venezuela agardan por outro partido en Nadal, data máis habitual para un amigábel

25.05.2016 | 11:25
A selección galega, antes do partido ante Venezuela.

Os xogadores queren máis partidos coa Irmandiña. Todos os que participaron no encontro do venres pasado perante Venezuela en Riazor queren repetir experiencia. "Que haxa máis partidos non depende de nós, depende dos dirixentes", comentaron Fran e Míchel Salgado ao remate dese encontro, "pero case todos os xogadores preguntaron no vestiario cando volverían xogar outro partido e se tiñan pensado facelo na Nadal", engadiron os que foron seleccionadores galegos na volta da selección despois de case oito anos de ausencia.

Sergio, o porteiro do Celta, salientou que non lle importaría perder "mil de días de vacacións" para estar outra vez coa selección galega. Lucas recoñeceu que entre os futbolistas están "a desexar" repetir, mesmo dixo que se estaba a falar "do vindeiro Nadal ou do vindeiro verán", aínda que é moi cedo para argallar outro encontro que a Federación Galega de Fútbol (FDGF) levaría nessa data a Balaídos.

Xogar cando remata a Liga ten problemas porque hai moitos xogadores que virían gostosos, pero non o puideron facer nesta volta porque aínda tiñan partidos oficiais pendentes cos seus respectivos equipos -Lucas Vázquez, Álex López, Pablo Insua, entre outros-. Ademais, este ano xogase a Eurocopa e o encontro do sábadao tampouco se podía atrasar máis aló da data na que se xogou. Ao seren partidos amigábeis a data máis axeitada parece ser a de Nadal, que é cando para uns días as competicións no fútbol español.

A resposta dos futbolistas, mesmo dos que non puideron estar nesta data, e a dos seareiros fai pensar a Rafael Louzán, presidente da FGF, que a idea de recuperar á Irmandiña foi un acerto, sobre todo tendo en conta que se atopou cun respaldo importante por parte de Nike que, ademais de aportar a equipamento á selección absoluta, vai ser a encargada de equipar as seleccións das categorías inferiores e de todas as modalidades deportivas que pertencen a Federación.

O desexo é que en seis meses volvan xuntarse os mesmos futbolistas que estiveron en Riazor e algúns máis que non puideron estar. Para o Nadal hai moitos que terían máis posibilidades. A opinión dos futbolistas vai contar na FGF.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

 

Canal Esquí

Esquí alpino

Toda la información sobre la nieve

Consulta la información más completa de las estaciones de esquí, consejos, , snowboard, viajes...

 
Enlaces recomendados: Premios Cine