As seleccións galegas masculina e feminina de fútbol gaélico comezaron a súa aventura no Mundial de Dublín con sorte dispar. O combinado masculino acadou a segunda rolda como segundos de grupo malia perder o seu terceiro encontro (2 a 12) contra un dos máximos favoritos ao título, New York GAA, mentres que o equipo feminino non puido nin coa selección canadense (3 a 10) nin a neoiorquina (5 a 8). Porén, aínda teñen a oportunidad de postularse como terceiras clasificadas a partir de hoxe nunha fase de consolación coa que no mellor dos casos pode acadar a final do Trofeo Plate.

O conxunto masculino, que conta con tres xogadores coruñeses de Fillos de Breogán nas súas filas, gañou na xornada matinal ás seleccións de Brittany Gaa por 17 a 3 e empatou con SA Gaels (Sudáfrica) a 6 puntos, que sumada a diferenza de nove puntos respecto aos sudafricanos permítelles seguir loitando polo título mundial. O equipo feminino, pola súa banda, coas fillas Alba, Eva, Laura y María, só acadou a vitoria no seu partido de estreo ante a selección de Europa 2 (22 a 0), e que tamén contou para a formación do combinado continental con tres xogadoras de Fillas de Breogán: Oli, Kamy e Isa.

Agora queda por diante o auténtico reto para a seleccións galegas nun Mundial, o de Dublín, no que os máximos favoritos ao título son os combinados de Francia, Nova Iorke ou sempre a perigosa e correosa Arxentina, que tratará de revalidarlo.