Que o fútbol gaélico está medrando con forza en Galiza xa non é unha sorpresa para ninguén, nin en terras galaicas nin en Eire. A GAA(máximo órgano xestor deste deporte) sabe o que está a pasar aquí e tómase moi en serio o crecemento vertixinoso do Peil que dende que xa hai 6 anos aterrou na Coruña de mans dos Fillos de Breogán e non fixo mais que atraer xente ás súas filas.

Como premio e promoción deste deporte alén dos irlandeses a GAA creou estes World Games onde Galiza está por méritos propios aos ser unha das primeiras seleccións nacionais creadas neste deporte que xa ten máis de 130 anos de historia e que agás nos casos de irlandeses ou descendentes deles no estranxeiro apenas saíu da illa esmeralda.

As seleccións galegas tanto masculina como feminina teñen duros rivais, no caso dos homes Franza vén moi forte,Arxentina que é a actual campioa e sabe competir moi be, pero o rival máis terrible é Nova Iorque, unha selección que xa participa no All-Ireland e onde o fútbol gaélico ten máis de 100 anos de tradición, algo que pasa en xeral coas seleccións norteamericanas dada a emigracións irlandesas que recibiron tanto os EUA como o Canadá. No caso das Mulleres non é diferente, e de feito xa probaron a dureza da competición caendo no último partido do grupo contra a Nova Iorque, agora quédalles loitar pola copa de prata..