O soño de xogar en Croke Park rachouse para a selección masculina e feminina de fútbol Gaélico, gran decepción que caeu como unha xerra de auga fría nos nosos seleccionados. Pero o fútbol gaélico é un deporte no que xeralmente gañan os mellores, os máis rápidos e quen máis corren, e tras o axustado dos resultados cos dous finalistas masculinos, Francia e Nova Iorque, os rapaces demostraron que eran os mellores pasando por riba a seleccións tan potentes como a Arxentina e a EUA Chicago e EUA San Francisco e así traer para as nosas terras galaicas unha copa de Prata(terceiro posto) moito mais que digno.

E falo de dignidade por que é o que demostraron ter dende un principios este grupo de mozos e mozas, neste deporte no que as grande estrelas, as figuras e os individualismos non son ben vistos, os galegos entenderon este concepto e o usaron como principal arma. Botáronse o peso de todos os galegos as costas e coa súa humildade e traballo conseguiron facer que toda a xente do fútbol gaélico galego nos sintamos máis que orgullosos deles.

A historia do fútbol gaélico en Galiza é unha historia de paixón, de loita por un soño, de perseveranza e de loitar polo imposible, e este carácter é o que amosan os nosos rapaces e rapazas cada vez que se poñen a camiseta da Selección, as súas pernas son as nosas, os seus brazos son os nosos, as súas cabezas son as nosas, e sobre todo, os seus corazóns son os nosos corazóns.

Hoxe só queda mirar cara o futuro e loitar para que sigamos sen despertar deste soño. Próxima cita, a Eurocopa.