Celebrouse onte no contorno do Paseo Marítimo de Riazor a sexta edición da carreira pedestre Esclavas Corre. O evento, organizado polo colexio coruñés, ten a intención de fomentar hábitos saudabeis nos rapaces a través da práctica deportiva. A proba contou coa participación de máis de setecentos alumnos do centro. Nesta proba lúdica volcáronse os rapaces e rapazas de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria e os do primeiro curso de Bacharelato. Na organización participaron máis de cincuenta profesores e uns vinte colaboradores non docentes. O mesmo que na anterior edición, o colexio Esclavas convidou a participar na carreira a alumnos de Aspronaga.