O nadador do Clube Natación Liceo Jacobo Garrido Brun foi convocado pola Federación Española de Deportes de Persoas con Discapacidade Física para la World Series de World Para Swimming que se van celebrar do 24 ó 27 de maio en Italia.

No panorama nacional, o Clube Natación Liceo tamén tivo boas novas estes días. Ane de la Fuente Fiaño e Amalia Blas Rodríguez están tamén convocadas para participar nunha concentración co equipo nacional de augas abertas que terá lugar en Murcia do 19 ao 24 de maio. Con elas estará o nadador do Clube do Mar Pablo Galán.