Xa hai un dianteiro máis, porque atacantes hai e había no Deportivo. Fáltanlles cousas e por iso son precisos outros, como Borja. O madrileño ten gol. Que é o que precisa o equipo. É puro remate e controla o xogo aéreo por mor dos seu máis de 190 centímetros. Pero tamén hai que lembrar que malia a todas as virtudes que acumula non deixa de ser un mozo de 21 anos e dous días. Con experiencia internacional nas seleccións inferiores, e tamén en Segunda División con Murcia e co Huesca despois de sofrer una doenza grave como foi a rotura do ligamento cruzado, pero un mozo que ainda ten moito que aprender. Como os de aquí. - non pretendo minusvalorar á súa chegada. En absoluto. Abonda con que os técnicos avalen a súa fichaxe para que eu estea calado. Benvido, pero en calquer caso, a derrota do sábado perante o Córdoba, e insisto, non foi so pola falla de remate, para min foi sobre todo pola falla de xogadores que facilitasen a tarefa dos dianteiros. Así de claro. - tamén por outra cousa, que non se pode esquecer, faltaron Bruno e Culio con respecto ao once que gañou en Las Palmas. Dise pronto. Un que sería imprescindibel neste equipo, e xa non está, e outro que vai camino de sélo. Coa chegada de Borja e a presenza do arxentino Fernando Vázquez terá xa dous homes máis para preparar o partido do vindeiro domingo en Sabadell. Supoño que o dianteiro chegará xa en condicións de xogar e terá adestramentos dabondo como para poder estar. Eu conto con el hoxe. Se o consello de administración o di, non dubido en absoluto.