A pé de rúa

Cara adiante ou cara atrás?

19.08.2015 | 10:54
Cara adiante ou cara atrás?

A tres días de que comece a Liga, no Deportivo o principal asunto de interese é Luisinho e non a competición. E cando digo Deportivo non estou a falar do club, estou a falar da masa social. Onte o futbolista fixo a metade do adestramento con parte dos seus compañeiros, co grupo que atendeu Nacho Oria, o preparador físico. Cando ese grupo mudou para traballar baixo as ordes de Víctor Sánchez, o técnico, o lateral luso foi apartado outra vez. Rematou o adestramento con José Ángel Franganillo. Mesmo marchou para os vestiarios media hora antes que o resto dos compañeiros. Estes datos amosan que o futbolista se vai incorporando pouco a pouco o traballo co resto de xogadores despois da lea do sábado con Arribas ou que a situación está enquistada e vai a peor. Non sei. Víctor afastouno cando lle tocaba traballar con el. A causa? Non o quere ter preto? Ou prefire ir a modo para volver á normalidade? É certo que tanto el como os futbolistas teñen información que non temos desde fóra para ter tomado a decisión de prohibir que Luisinho se adestre con normalidade. Pero chegado un momento sería bo coñecela porque dá que pensar. Adestra Luisinho unha parte do tempo co grupo para evitar problemas legais? O seu representante xa o dixo o luns: "ten que adestrar co equipo". Ningún futbolista pode estar marxinado. Daría pé a conflitos legais. Mesmo iso que chaman acoso laboral. Ou é un plan para que a súa incorporación sexa aos poucos? Mesmo as palabras de onte de Juan Domínguez deixan moitas dúbidas sobre o que pensa o vestiario do portugués. "Amparamos en todo ao adestrador", asegurou. Péchalle as portas o vestiario a Luisinho? Hai que responder xa. O sábado comeza o único importante. E por moito que diga o propio Juando, que están centrados na Real Sociedad, na rúa, os seareiros están máis pendentes da situación de Luisinho que do debut na Liga. E Lusinho ten gañada a rúa. O seu comunicado foi contundente.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine