A pé de rúa

Motivos para soñar

15.09.2015 | 00:44
Motivos para soñar

Temos un comezo de curso feliz, moi feliz. Cinco puntos de nove en xogo, e catro foron lonxe de Riazor. Haberá quen pense como min e dirá que o de onte era un partido para gañar, non porque considere o Rayo un equipo inferior, é só que se trata dun adversario que cada temporada sofre numerosos cambios e sempre ten uns inicios malos. Eu dicía que había que tirar proveito desa circunstancia porque creo que os de Vallecas van estar polo medio, coma sempre, aló polo mes de maio. E hai quen soña que por esas datas o Deportivo pode estar moito máis alto. Non vou ser eu quen despois dun triunfo como o de onte, que puido ser máis amplo, limite a capacidade onírica de ningún dos seareiros. Xa abondou co que aconteceu nestes últimos anos como para que agora non se poida festexar cada vitoria como se fose unha final. Por suposto que si. Non sei o que vai durar isto, espero que outras tres ou catro xornadas máis, pero mentres dure? festa!!!! E haberá moitas, porque eu acredito neste equipo. É un bloque; está traballado; cada xogador sabe o que ten que facer e o fai; e por riba hai calidade. Que onte empezaron a defender na beira do área de Rayo! Quizais sexa máis doado facelo perante este rival que diante doutros, porque xa se sabe que Paco quere que os seus homes saian sempre co balón xogado. Son previsíbeis os vallecanos, pero hai que remar para tirar proveito. Alén da calidade que hai. Alén da súa verticalidade. Alén da fame de gol que teñen todos. É un equipo para soñar. Por suposto. De momento nada hai que me impida facelo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine