A pé de rúa

Un sistema que non serve, capítulo ...

03.12.2015 | 00:58
Un sistema que non serve, capítulo ...

Outro ano máis vou dicir que este sistema de competición para a Copa é lixo. Só é bo para os equipos grandes ou de categoría superior. Nin unha sorpresa nesta rolda. Se a diferenza entre os equipos de Primeira xa é importante, que se pode agardar cando o rival é de inferior división! Miragres non, desde logo. O mellor que ten é que hai futbolistas con pouco protagonismo na Liga e teñen aquí a posibilidade de amosar a súa capacidade. Onte no Deportivo houbo tres estreas: Rober, Cardoso e Saúl. Tres rapaces con futuro, pero sen presente no primeiro equipo albiazul. Só terán minutos se o Deportivo é quen de seguir cara adiante. De feito o normal é que xoguen en Riazor dentro de dúas semanas. Pero alén deste aspecto, que beneficia a diversos xogadores -só dos equipos de Primeira- non hai ningunha razón porque estas roldas se xoguen a dous partidos. Deste xeito non hai nada, nin emoción, agás algunha sorpresa. Porén, se os primeiros se tivesen que xogar todo o caldo no campo contrario, a cousa sería moi distinta. Moito. Non si? Nin tan sequera os seareiros destes equipos van o campo! Canta xente houbo onte en Palamós? En Logroño? En Almería? Sen atractivo non hai xente. Por iso están os estadios baleiros. Ah! Sempre hai sorpresas como as de Cádiz. Aló si que os afeccionados tiveron algo que festexar: un erro imperdoable, se se confirma, para un clube da elite. Que xogue alguén sancionado non pode acontecer a este nivel. E moito menos nunha entidade como se supón é o Madrid.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine