A pizarra

Baixo en cafeína

16.12.2015 | 17:15
Baixo en cafeína

O mellor

  • A presenza de Óscar no primeiro equipo. A estrea do atacante da canteira foi do salientábel e fíxoo con descaro. Importante para él verse en partido oficial col primeiro equipo.
  • A clasificación para oitavos de final. Éra importante superar esta eliminatoria para seguir adiante na Copa, porque cun pouco de sorte o sorteo pode acompañar e quen sabe.

O peor

  • Este formato de competición persudica o fútbol. Os partidos a doble volta entre equipos cunha diferenza tan importante de categoría é perxudicial para o fútbol e mesmo para os seareiros.
  • endunjanin ten que dar moito máis. A un futbolista de tanta calidade como ten o bosnio na súa zurda eu esixolle moito máis do que deu onte perante o Llagostera.

Pouco hai que dicir deste partido de volta da eliminatoria de Copa disputada entre o Deportivo e o Lagosteira.

Tan pouco, que incluso afloran máis referencias do de ida: mais intenso, con mais ritmo e moito mais disputado que o de onte Ri azor.

En liñas xerais o partido desenvolveuse sen grandes detalles, agás os goles e os derradeiros minutos cun Llagostera a o que un penalti máis que dubidoso, na liña descafeinada do partido, fíxolle conseguir a esperanza de canda menos una prórroga.

Diste xeito foise diluíndo o partido, sen apenas balóns divididos produto da disputa pola súa posesión, con un Deportivo coñecedor dunha superioridade que semellaba querer impoñer dende a lei do mínimo esforzo.

Había gaña de ver de novo a Cardoso, despois das boas sensacións que deixou no primeiro partido e dos seus minutos no Camp Nou. Mais pasou desapercibido produto quizais da falta de profundidade e velocidade na circulación do balón. Haberá mais ocasións, posto que o de hoxe non pode valer como avaliación.

Partidos como o de onte, achegan a mente a conveniencia de modificar o sistema de competición deste Torneo de Copa. Dous partidos tan diferenciados na tensión ca que foron disputados, falan ben claro de que algo hai que facer. Non se poden disputar un partido de fútbol profesional, case como mero trámite.

O final, o balance positivo agás clasificación, haino que atopar na oportunidade que teñen futbolistas con menor protagonismo na Liga, inda tamén, para aqueles a os que hai que ir votando un ollo para un posible salto de categoría. Isto sucedeu con Cardoso na ida, e con Óscar onte, unha xoven promesa que deixou retallos de calidade nos seus poucos minutos sobre o céspede.

O negativo, deixémolo en mans dos responsables de este formato de competición.

E no que ten que ver con desenvolvemento do xogo, quizais Medunjanin e un futbolista que onte tería que haber marcado certas diferencias.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine