A pé de rúa

Un bufón! Sen marca, pero un bufón!

31.12.2015 | 00:56
Un bufón! Sen marca, pero un bufón!

Seguro que Lucas xa deixa de ser importante porque onte non marcou. Non vai mellorar a marca de Bebeto, pois marcou en sete partidos seguidos. Mellor. Si. Mellor para el e para o Deportivo porque deste xeito deixará de estar agoniano por seguir a facer historia. Se o estaba, porque ese tipo de futbolista non precisa marcarse ningunha meta para manter un nível alto. Do pouco, que din algúns, que ofreceu onte o de Monelos quedo con cousas que xa hai moito vía nun campo de fútbol e que agora vexo cada vez menos: que é un bufón! Haberá quen non entenda o que quero dicir, pero os que xogaron ao fútbol dalgún xeito sei que me entenderán. Vin a un Lucas que tivo dous ou tres remates, un moi claro, e que puido marcar por oitavo partido seguido. Vale! Pero ollei sobre todo a un Lucas que falaba, mesmo co adestrador, que chegaba a abafar mesmo os compañeiros; un xogador deses que no campo diche de todo e atura todo o que ti lle digas, pero que cando remata o partido o primeiro que fai e darse apertas cos compañeiros, alén do resultado. Mellor se é o positivo. Ese é o Lucas que vin onte en Getafe, como o que vexo en cada partido. Xa sei que o que salientou del nestes sete últimos partidos foi a súa efectividade, pero, non é produto da súa actitude no campo, de ser deses bufóns que case non quedan? Creo que si. Ah! Lembro que a falla de seis partidos para o remate para a primeira volta dixen que o equipo ía sumar dez puntos. Creo que vou quedar en nove -un perante o Sevilla, outro en Barcelona, tres diante do Eibar e outro onte e os tres do Villarreal-, pero xa me esquezo de sumar no Bernabéu. Visto o visto en tantos anos, e nas dúas últimas xornadas, aló non se puntúa nin polo civil ni polo criminal. Eu mandaba aos benxamíns, polo menos facían unha excursión.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine