A pé de rúa

Crise?, non; desidia?

15.01.2016 | 01:16
Crise?, non; desidia?

Eu non falaría de crise no Deportivo nestes momentos. Certo que desde Nadal os resultados non están sendo bos, pero hai partidos nos que se podía tirar algo bo. Quizais tería que dicir partido porque me refiro ao do Villarreal en Riazor, ese no que se luciu Fernández Borbalán. Podería rescatar algunha cousa do do Bernabéu, pero pouca. Así que quedamos con un mal partido en Getafe, outro ruín na Copa, unha parte tamén ruín en Miranda e o de Chamartín. Certo que chama a atención que en dous encontros o equipo encaixase oito goles -cinco do Madrid y tres do Mirandés, este ademais en Riazor-. A min máis que no número de goles é saber porque chegan. O Madrid pódeche meter cinco ou mais, polo civil ou polo criminal que xa o vimos, pero non pode deixar que chos metan. Hai que facer oposición, meter o pé, ter gañas, todo iso que no debería lembrar a ningún futbolista profesional, xa que mesmo os veteranos cando se visten de curto corren ata afogar. Dan todo. Non fai falla pedirllo. Pois iso. E ademais, nestes dous partidos non saíu ben o planificado desde o banquiño. Ou non se planificou ben, que dixo algún técnico do que me fío porque sabe moito máis que eu de que vai isto. Iso é o que me preocupa e moito tamén que alguén diga onte que teñen que seguir coa intensidade que tiñan. Deduzo que a perderon, polo menos no Bernabéu e perante o Mirandés. Iso non é grave, é gravísimo. Perder? Non. Caer na Copa? Doe. Queda o consolo da Liga, na que o equipo ten 27 puntos. Supoño que a estas alturas non teremos que mirar cara abaixo! Eu fágoo cara arriba, aínda que estou convencido de que non hai tanto equipo como para entrar en Europa. Pero tamén reivindico a miña posibilidade de soñar como un dereito que non me poden arranxar.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine