Deportivo e Valencia enfróntanse o domingo vindeiro en Riazor e fano os dous equipos de Primeira División que presentan o maior número de empates nos seus resultados.

Fuxamos das estatísticas, rebatidas as veces con frases feitas, sostidas con datos interpretables suxeitos mesmo á manipulación, e avaliemos os empates en función do valor que representan, segundo os obxectivos iniciais de cada equipo.

É unha obviedade que non é o mesmo loitar polos títulos ou postos europeos, que para acadar a permanencia.

Igualmente, o tipo de competición fai que o resultado de empate teña un valor puntual diferente.

En partidos de competición polo sistema de liga, o empate é o que se busca desfacer desde o comezo en cada partido. Porén, en competicións con sistema por eliminatorias, as veces mesmo se tenta facer valer, sendo un objectivo no plantexamento inicial.

O fútbol non é xadrez, onde se poden pactar os empates, porén durante o decorrer dos partidos, en moitas circunstancias se asinarían, seguro.

Ollando o devir de Deportivo e Valencia nesta tempada, as súas diferenzas orzamentais son moi notables e polo tanto os obxectivos, semella que é moito máis valioso e rentable o resultado de empate para os coruñeses, que para os valencianos.

Así o reflictea curiosamente unha clasificación que, de rematar agora mesmo a competición, deixaría a un equipo que iniciaba a temporada pensando na permanencia, por diante doutro con aspiracións como mínimo europeas.

A propósito de todo isto? Alguén é quen de asinar un empate o vindeiro domingo en Riazor perante oValencia?

Xa nos decataremos cando remate o partido. Cal é o punto de vista.