En líneas xerais, o Deportivo foi superior o Sporting de Gijón onte en El Molinón, pero quizais non foi quen de se impór no xogo e dominar o partido por medio do balón. A posesión estivo moito tempo dividida, pero o dominio territorial foi do Deportivo. O Sporting case non o fixo sufrir en todo o encontro. O Deportivo, porén, debería ter chegado con accións máis combinativas no ataque nesta clase de partidos para aproveitar a súa superioridade.

Neste sentido, é unha mágoa que a sociedade que forman Luis Alberto e Lucas quede un pouco aillada, debería haber máis combinación ca xente de banda e do centro do campo. O equipo non adoita empregar moito as combinacións rápidas e todo comeza con balóns longos. Sorpréndeme moito ver a Cani jugar neste Deportivo en banda. Polas súas características, sería máis un jugador para situarse por dentro. Fáltalle desborde para estar nesa zona. Tamén creo que Mosquera leva baixo nas últimas semanas. Quizais a falta de Borges se empezou a notar no xogo no centro do campo. Álex non ten a capacidade ofensiva que tiña Borges, que combinaba mellor con Mosquera. Dáme a impresión de que o da Sagrada non atopa moitas solucións cando mira cara arriba. Falta esa profundidade.