A pé de rúa

Partidazo definido polos erros

14.02.2016 | 01:49
Partidazo definido polos erros

A min iso das estatísticas no fútbol non me din moito, aínda que algo si que amosan. E hai unhas que son demoledoras porque son obxectivas: os remates. O Deportivo tirou 25 veces a portería, dez por dentro, e marcou dous goles; o Betis tirou catro a portería, dúas por dentro, e marcou dous goles. Co estes datos na man tería que haber un claro gañador, pero o resultado foi outro empate. E xa non é tanto o número de remates como que tipo de oportunidades tivo o Deportivo para liquidar o encontro. Non vou relatar todas, porque creo que houbo ocasións de todo tipo, pero só entraron dúas. As mesmas que o Betis foi quen de converter. Se o feito de que o Deportivo non teña unha efectividade elevada non é novo, si que o é que en defensa encaixe como o fixo onte. Dous goles de catro remates do rival. Demasiado e anormal neste equipo. E iso si que se traballa. De todos os xeitos hai cousas que non, que xa saen dentro dun campo de fútbol, e unha delas é que cando estás dentro do área adversaria hai que rematar a xogada, sempre é mellor que o balón saia fóra a perdelo. E iso foi o que lle aconteceu onte a Pedro Mosquera. Dun posible segundo gol para os albiazuis, chegou o segundo dos andaluces. Mosquera pensou que había un compañeiro mellor colocado para o disparo e deixou a pelota cara atrás en vez de culminar el a xogada; esa pelota doulla a un bético que montou a contra que acabou no gol de Vargas. Erro enorme dun futbolista enorme. Aquí cabe aquela frase tan propia de Arsenio e Claudio nos anos noventa: "O fútbol é así!"

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine