Sen alarmismos, pero fuxindo tamén de eufemismos, este Deportivo xa no pinta como na primeira parte da temporada?.parece de Perogrullo, pero é así. O partido de onte perante o Granada encarouse cunha máis que correcta elección para xogar de central en lugar de Sidnei. Fernando Navarro, ofrecía as garantías precisas para solventar os posibles problemas que o Granada podería prantexar pola velocidade dos seus atacantes.

Ata aí ben, como sempre acontece cos partidos mentres se xogan na pizarra, aí todo sae perfecto.

Cando o balón se puxo en movimento, puidemos observar que o Granada confirmaba o que se sospeitaba, presentando un repliegue medio e xuntando as líneas de atrás, convidaba ao Deportivo a iniciar o xogo en corto incrustándose Pedro Mosquera unha e outra vez entre os centrais, para comezar as xogadas ofensivas.

O que tantas veces se tiña demandado a este equipo, fuxir do inicio do xogo en largo, chegaba onte propiciado polo adversario. Xustamente o que no souberon resolver, foi precisamente a transición do xogo ofensivo, xa que a partir de Mosquera, tanto Bergantiños como Celso Borges estaban demasiado distanciados creando unha lagoa no centro do campo con dobles graves consecuencias.

No eido ofensivo, a falta de continuidade na elaboración e na consecuente falta de pases finais, con un Álex Bergantiños pisando casi máis o área rival, que o centro do campo defensivo do seu propio equipo.

A outra consecuencia era a defensiva, porque cada vez que o Granada interceptaba os balóns na zona de tres cuartos, atopaba unha verdadeira autroestrada cara a portería de Germán Lux? obrigando a defender na peor e menos ortodoxa das formas? correndo detrás do balón e do rival. Como consecuencia disto xurdiu o penalti que, o final, permitiu o triunfo do equipo andaluz.

Na segunda parte, coa saída de Bergantiños (que ninguén vexa nisto unha crítica ao da Sagrada Familia, en absoluto), as modificacións tácticas, máis lóxicas mesmo en apariencia, amosaron un Deportivo máis solvente en defensa aínda que, iso si, atascado igualmente en ataque produto as veces do excesivo xogo interior, e outras pola precipitación e abuso no momento de procurar os centros ao área.

Nisto da ineficacia ofensiva, tamén haberá que adxudicarlle algún mérito ao Granada, verdade?, xa que, ademais de traer a tarefa ben aprendida a Riazor, o penalti e o xogo máis co corazón que coa cabeza do Depor, facilitoulle acadar unha vitoria que tamén hai que recoñecer, puido ser máis abultada.