Cando recibes tres goles na casa pouco se pode dicir, quizais explicar a causa. Non me corresponde a mín. Eu só podo facer preguntas e mesmo tratar de entender porque un partido malo que o Deportivo pode gañar con comodidade remata deste xeito. Xa non vou entrar no esquema numérico, tampouco lle dou tanta importancia porque ese esquema non é inmóvil, xa que co plantexamento de onte o Deportivo xerou ocasións dabondo para ter gañado o partido. Non é normal que Lucas erre con dous defensas baixo os paos e o resto da portería para el; non é normal que o rexeite que tivo o rematase contra Kameni. Supoño que son momentos. E para min, tampouco é normal encaixar tres goles a balón parado, aínda que un deles fose en propia meta. Hai moitas cousas que non foron normais no encontro de onte. O premio non foi o merecido, malia ser malo o encontro, porque penso que o Dépor mereceu gañar, pero os merecementos non abondan no fútbol. E outra cousa, non se pode deixar fuxir un partido cando só queda un minuto para que remate. Hai que matalo, e para iso existen numerosas fórmulas, pero semella que aquí non coñecen ningunha. Non é a primeira vez que os coruñeses reciben un gol cando o encontro está a piques de suspirar. Hai cuestións que teñen que ter solución desde o banquiño, pero hai outras que só poden amañar os futbolistas. Ah! E Velasco. Inventou unha falta que rematou no terceiro gol. Oriol non levantou a perna. Un minutos despois pitou falta a Fair por unha situación similar.