A competición de Liga entra nesa fase que adoita definirse como definitiva.

Debemos tomar conciencia diso e valorar o que nos xogamos nestas nove finais que restan. Apoiar, esixir? pero entender que os futbolistas son ante todo, seres humanos

Hoxe visítanos un Levante moi necesitado, afogado case, algo que segundo a capacidade e experiencia dos futbolistas á hora de manexar os estados emocionais, pode resultar máis beneficioso disputando o partido como visitante.

Xa sabemos que á presión interna que poidan estar sufrindo os futbolistas do Deportivo, hai que engadir a que pode vir dada segundo o desenvolvemento do partido.

Na xornada que nos atopamos da competición, na actual situación clasificatoria, hai pouco marxe que podemos conceder ao erro. As percepcións acumuladas nas últimas xornadas, parecen indicar que o partido vai estar marcado máis por factores individuais relacionados coa experiencia e capacidades persoais, que por aspectos técnico-tácticos individuais e colectivos.

A presión da grada, o control e dominio das sensacións e a capacidade de dominar eses estados emocionais, van ser moi importantes na toma de decisións dos futbolistas durante o desenvolvemento do xogo.

Das últimas cinco xornadas disputadas, o Levante obtivo sete puntos. O Deportivo nas mesmas cinco xornadas, tan só logrou un punto. Hoxe, o deportivismo debe facer que en Riazor se impoña o vento de poñente sobre o de Levante.

Estamos máis afeitos a el.