A pé de rúa

Obxectivo cumprido, pero quedan deberes

20.03.2016 | 01:30
Obxectivo cumprido, pero quedan deberes

Oobxectivo está cumprido e era o único desexo que había porque? ufff. Veño dicindo hai un tempiño que non estaba preocupado polo descenso, estaba certo de que o Deportivo ía continuar en Primeira, como vai ser malia que haberá alguén que diga que aínda non está feito, pero xa non estaba eu tan conforme do que estaba a ollar. Tampouco onte. O equipo estivo nas mans do Levante durante moitos momentos e os xogadores correndo detrás da pelota como tolos. Non me importaba con tal de que chegase o segundo gol, de que os tres puntos ficasen en Riazor. Moito asinaban a vitoria sexa o prezo que for. Pero agora, máis quedos e sen presión hai que atopar causas a moitas cousas. Unha delas é a inexistencia do centro do campo durante moitos meses; as facilidades que teñen os rivais para chegar -quizais pola ausencia do centro do campo,- e a falta de forza dalgún futbolista nas segundas partes. Agora co conto xa rematado, hai que facer análise porque a vitoria non pode agachar as carencias que o Deportivo amosou onte, e algúns xogadores en concreto. Non sei porque Luisinho sempre tiña a dous, iso que Cani non foi dos que se agachou precisamente, e tamén Juanfran. Está ben iso de tocar ben o balón, pero o fútbol precisa doutras cousas ademais, e os equipos cativos de forma especial. Non sei se hai quen non o entenda, se non o fai creo que vai mal. Por hoxe xa abondou. Un domingo de tranquilidade e cos deberes feitos. Mellor, unha parte que quizais sexa a máis importante, agora queda outra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine