A pé de rúa

O fútbol son moitas cousas

03.04.2016 | 01:53
O fútbol son moitas cousas

Son o primeiro que gusta de ver tocar ben un balón, un bo control -aínda que me sorprendo cando os da caverna alucinan porque un futbolista pincha unha pelota-, un bo pase, que poucos saben facer. Gusto de todo iso, pero tamén penso que o fútbol e moitísimo máis que facer cousas así. Para min o fútbol é ser quen de protexer un balón, meter o corpo para que gañar a posición e a pelota, facer unha falta... Creo que son moitas cousas, que non abonda con dar un pase preciso de gol. E onte o cabreo que pillei cun dos futbolistas -si, futbolista- do Deportivo foi tremendo. Foi uns segundos antes do gol do empate de Nolito. Si, falo de Luis Alberto. Fai o difícil, roubar, e cando pode decidir, polo menos rematar non o fai! Era o máis doado! Se marcase o partido estaba case ventilado, pero non o fixo e na seguinte xogada chega o gol de Nolito. Golazo. Si, golazo. Marcouno porque tirou. Algo tan doado como iso. Nese momento lembrei o que me dicía un veterano amigo -xa cumpriu oitenta e tantos- pola tarde: "Mallo conta mañá algo bonito". Que vas contar cando acontecen cousas coma estas que che fan pasar da éxtase ao inferno. Que vas contar cando o que ten que pitar é bobalán -escríboo como me peta-, porque o de arbitrar só é cando quere. E resulta que cando está o Deportivo polo medio non lle dá a gaña de pitar, ou pita como quere facelo. Ah! Como era iso de que "en situacións nas que non inflúa a sorte" -ou algo así-, que dicía un populista malo que é político e que manda en Vigo? Pobriño!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine