A pé de rúa

Xa está; agora xa saben

09.05.2016 | 11:04
Xa está; agora xa saben

Xa está e sobra unha semana. Hai que estar ledos cando tiñan que ter sobrado sete ou oito. Sonche cousas do fútbol. Como tamén son cousas do fútbol que onte o Deportivo gañase con certa comodidade diante do Villarreal e o Granada golease ao Sevilla, que levaba non sei canto tempo sen perder no seu campo, ou perdera case nada, ou algo así. Isto é o fútbol. Menos mal que despois dalgúns aniños por esta zona do norte podemos estar quedos antes de chegar á derradeira quenda da competición. Pensar en salvarse perante o Madrid, cando anos atrás non o conseguiras nin contra o Valencia nin contra a Real Sociedad daba medo, pero? xa está. Quedaría un moi bo peche de campaña, e mesmo lavar un pouco a imaxe, gañar aos brancos o vindeiro sábado. Xa sei, xa sei que parece tarefa imposíbel; dígoo por se cola ou alguén se decata que ás veces acontecen cousas que non son normais. Chega o momento de pensar, de falar, sacar conclusións e tomar decisións. Tamén sería normal que nesta semana se agardase porque o campionato aínda non rematou, pero penso que hai decisións que non poden agardar demasiado. Moi poucas cousas foron normais, dentro da anormalidade do fútbol, desde que comezou 2016, e son cousas e situacións que non se poden repetir. Iso é xogar cos sentimentos de milleiros de seareiros que non se cansan de percorrer quilómetros e holómetros para estar co seu equipo; de deixar a gorxa en Riazor e estar horas antes para amosar o seu compromiso. Ese sentimento obriga. Sempre!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine