A pé de rúa

Aprobado, e menos mal

15.05.2016 | 02:41
Aprobado, e menos mal

Ode onte dá para moito. Se hai que quedar cun só asunto do que aconteceu en Riazor... sería complicado. Eu elexiría o momento Arsenio, cuestión de corazón. Ben certo é que o veterán adestrador, agora recoñecido por todos, tivo moitísimos destractores durante a súa etapa en activo. Algúns aínda o recoñecen e rexeitan o agasallo que recibiu onte; outros prefiren sumarse o carro. Eu son dos que recoñecín o seu traballo, e dos que se laiou do xeito que tivo que marchar. Mellor deixalo. Mellor quedar con curiosidades de onte. Unha tarde na que os futbolistas agasallan a Pletikosa, que só xogou dous partidos e un en Riazor. Curioso. Boa despedida. Con algún significado en especial para quen leva só seis meses aquí? No a houbo para Manuel Pablo, malia que moitos pensamos que onte xogaría o seu derradeiro partido con Deportivo. Non houbo despedida quer dicir que continúa. O mesmo hai que pensar de Lucas. Será que outra vez son optimista de máis? Outros xa se foron despedindo nas redes sociais -e non vou facer de menos a ningún- e outros que dicimos que marcha asegura que no verán estará aquí. E todos citados con Víctor Sánchez. O adestrador di que seguirá e os futbolistas contan con el. Contrato ten, desde logo. E se é o Víctor da primeira volta e o do venres, cando falou moi clariño, parabéns. Ese Víctor serve. Malia que as súas palabras non gustasen os directivos. Se non, que veña outro, porque de ter notable para min remataron o curso cun 5 pelado. Por certo, que soe pola cidade o nome de Fran Escribá é casualidade?

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine