A pé de rúa

E mentres tanto, o ruxerruxe

17.05.2016 | 00:55
E mentres tanto, o ruxerruxe

Ás veces un só quere mollar os pés e remata mollando mesmo os xeonllos. Non é agradábel pero supoño que fai que as cousas sexan menos doadas. Digo eu! A estas alturas do conto, e despois de mollarme onte -non sei se so os pés ou a auga xa a teño máis arriba-, sigo a pensar que Víctor Sánchez continuará. Cóntanme, escoito onde podo e despois tento concluír. A directiva vai máis devagar ca min e é lóxico porque hai decisións que non se poden tomar porque si. Hai análises que teñen que ser profundas e con tranquilidade. Agardo, como todos, o resultado desa avaliación que están a facer os dirixentes. Son eles os que poden decidir non eu. De todos xeitos gustoume saber que as fichaxes non van depender de que quede Víctor ou non quede, que é cousa da área deportiva. Gusto deste xeito de traballar porque os equipos non son cousa dun adestrador, non; son cousa dos técnicos que traballan para a entidade estea quen estea non banco. E tamén entendo que estes técnicos buscarán o adestrador axeitado o estilo de futbolistas que están a fichar. É o lóxico e estou certo de que é así pola capacidade do que manda nisto. Para que se me entenda mellor, se o Deportivo fichase a Pep Guardiola e o despedise non sería nada lóxico traer a Mourinho como substituto. Xa sei que o exemplo é unha esaxeración, pero polo que poida pasar.

Osvaldo

Por certo, que o de Fran Escribá ninguén soubo dicirme porque viña. Supoño que sería dalgunha conversa desas que temos todos cos amigos e que algún quixo compartir comigo debido á miña profesión. Agradecido que estou. E outra cousa, e isto xa non é un ruxerruxe, é algo que comentaron directamente a este xornal. En Arxentina din que Osvaldo, dianteiro internacional italiano nado en Lanús, vén cara Riazor. Xogou en Italia, tamén no Espanyol e vén de ser despedido de Boca Juniors.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine