Sergio Álvarez

"Foi un partido que tiñamos moitas ganas de xogar"

21.05.2016 | 00:46

Sergio Álvarez formou parte do once inicial e, despois do descanso, deixou o seu sitio na portería a Diego Mariño. O gardameta asegurou que foi un día moi especial para todos. "Foi un partido que tiñamos moitas ganas de xogar", confesou.

O gardameta do Celta comentou que non lle importou deixar de descansar estos días para vestir a camisola da selección galega por vez primeira. "Por este partido perdería días de vacacións unha e mil veces", dixo cun sorriso.

Sergio analizou o encontro, no que según a súa opinión "Galicia dominou". "Sobre todo na primeira parte, tocando o balón", engadíu. O meta sentiuse "orgulloso" dos seus compañeiros.

Iago Aspas, que foi aplaudido en Riazor, dixo sentirse "moi cómodo". "Houbo moita calidade", comentou, e destacou a Pedro Mosquera: "Xa lle direi ao Celta a ver se o fichan".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine