Lucas Pérez desexa "poder repetir" un partido coa selección galega proximamente. "Falan de Navidade ou o próximo verán", comentou o dianteiro, quen non quixo falar do seu futuro no Deportivo.

"Xogar coa selección e debutar en Riazor, na miña casa, foi un soño", confesou o coruñés. Aínda que o gol de Venezuela pillou ao equipo por sorpresa. "Foi no 92 e quedas un pouco frío". Para Lucas, "é unha selección moi boa".

O seu compañeiro no Deportivo, Álex Bergantiños, comentou que o partido de onte "foi moi especial". "Son bos recordos para min", dixo o capitán da selección galega, que xogou de central, unha posición na que se sentiu "cómodo".