A pé de rúa

Horario contra o fútbol

06.06.2016 | 00:26
Horario contra o fútbol

Xa sabemos que para a vindeira temporada non haberá partidos ás dez da noite; tamén que no seu lugar principiarán á unha da tarde (13.00 horas). Os sábados! Eu non teño que queixarme dos horarios, malia que hai moitos que afectan ao meu traballo, pero como é iso -o meu traballo- creo que non debo queixarme. Pero tamén creo que debo dar a miña opinión cando á hora á que xogue o Deportivo afecte ao colectivo branquiazul. E neste caso... Cousas boas para que o Dépor xogue a esa hora? Que cobra una cartiños interesantes por xogar cando lle manden. Xa non atopo máis. Aspectos negativos? Que un sábado a esa hora hai moitísima xente traballando? Por exemplo. Que hai xente que paga un carné por todo un ano -que xa sei que supón moi pouquiño no orzamento do clube- e non vai poder ir a Riazor cando se xogue a esa hora. Moita xente! Que os sábados nese horario hai moitos partidos en moitísimos campos de toda A Coruña, mesmo de Galicia. Encontros de categorías base -benxamíns, alevíns, infantís, cadetes-, é dicir, de nenos que non van poder ollar aos seus ídolos, que van quedar sen máis referencia que a que lle ofreza a televisión. Nenos que non poden ir sós -quen permite que o seu cativo vaia so a xogar a... onde sexa?-, o que significa que os pais tampouco poderán ir ao fútbol. Ah! Solución: poden ver o xogo pola tele nun bar mentres xoga o seu fillo. Tan parvos cren que somos? As veces amosamos que si, no fútbol e no eido da política sobre todo, pero non para tanto. Están a estragar o fútbol porque so pensan en cartos e non no FÚTBOL. Na base. Por suposto que Madrid e Barça non terán ese problema.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine