Rubén Martínez sabe ben que non o vai ter doado para facerse co posto de porteiro titular no Deportivo. Germán Lux e Przemyslaw Tyton son unha competencia forte, mais o meta de Coristanco non se ve nin moito menos como a terceira opción nas preferencias de Gaizka Garitano. "Tamén existe a posibilidade de que xogue eu. Teño que pensar así e traballo para que sexa así. Non me plantexo non xogar, que pode ser. A miña primeira idea é xogar", recalcou.

Rubén está "moi contento" pola chegada ao clube da súa terra: "Estou na casa e así non te tes que adaptar a unha cidade ou a un sitio novo". Entre os seus novos compañeiros, Florin Andone, por quen o Dépor paga catro millóns de euros. "Igual ata sae barato e no futuro se pode vender por máis", afirmou o galego, convencido de que o equipo coruñés "pode estar tranquilo" ao contar con tres porteiros experimentados e de calidade coma Lux, Tyton e Rubén.