A pé de rúa

O positivo do conto

25.08.2016 | 00:39
O positivo do conto

Despois de que onte Lucas estivese fichado por non sei cantos equipos, o dianteiro vai estar hoxe pola mañá en Abegondo -aínda non é media noite pero case e ao mellor me trabuco-. Eu non sei a estas alturas do conto se vai marchar ou vai quedar. Os dirixentes, os técnicos e case todos os seareiros queren que fique. Loado sexa. Se marcha... haberá 14 millóns máis para o Deportivo. Destes cartos 3,5 serán para Facenda, pero son cartos que hai que pagar, cartos que se desconta da grande débeda co fisco que no vai perdoar nin un peso. Se comigo non o fai, creo que con ningún traballador, menos ten que facer cunha entidade que manexa millóns e que xa tiña que ter pagado antes. En calquera caso a idea que eu teño deste asunto é que o dianteiro aspira a xogar nun grande de Europa, un clube que lle ofreza a posibilidade de medrar no eido deportivo e competitivo, alén de gañar máis cartos -tampouco se pode esquecer-. pero o tema do diñeiro non creo eu que teña excesivo peso cando o xogador rexeitou a posibilidade de ir a China ou ao Zenit, sitios nos que percibiría moitísimo máis que aquí. Por iso, nomes como Everton, West Ham -está medrando moitísimo en todos os eidos, económico e deportivo- non me encaixan. Non digo que vaia acabar nun deles, só digo que non me encaixa. O proxecto que hai no Deportivo, e para iso Lucas voltou, é distinto, é para medrar, pero moito devagar. Pedro Mosquera decidiu aceitar a proposta en xaneiro pasado; Lucas fixérao xa no verán. Ten unha proposta para retirarse aquí. Moi interesante. Pero xogar nun grande de Europa... a quen non lle gustaría. Un Arsenal, por exemplo. Todos dirían que non?

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine