A pé de rúa

Ulo o forte de Riazor?

23.09.2016 | 01:19
Ulo o forte de Riazor?

Todo pasa por sermos fortes en Riazor din cada día futbolistas e técnicos, pero o que se olla non é precisamente una imaxe de fortaleza. Todo o contrario, onte na segunda metade o Deportivo amosouse como un equipo feble, sobre todo no aspecto anímico, con dous erros atrás deses que se pagan caros. Certo é que o Leganés tivo una efectividade altísima, xa que nas dúas primeiras veces que chegou foi quen de marcar. Para non facelo coa liberdade coa que remataron os futbolistas visitantes. A sensación de contar cun sistema defensivo intenso e forte arrumbouse en menos de seis minutos e a partir de aí, xa todos eran medos. Tamén presas, pero iso é normal cando perdes o fío do partido. Un xogo que o Deportivo tiña gañado con solvencia e ao que so lle faltou pór máis goles para evitar desgustos como o de onte. É unha derrota incomprensíbel. Non entendo como pode mudar tanto un equipo que en 55 minutos fixo o que se agarda que faga en Riazor. Non o entendo. A festa que montou Çolak cos seus toques, co seu control do partido, coa súa presenza en todas as partes do campo e non agachado aló no que lle chaman a media punta esnaquizárona dous golpes de cabeza que nunca de deberían de producir. Ollouse fútbol en Riazor; olláronse cousas distintas que había tempo non aparecían sobre o verde do coliseo coruñés, deses detalles que tamén ofreceu Marlos para darlle á xente o que arela, moito máis que correr. Hai cousas que se pagan e o custe haberá que velo aló pola primavera.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine