A pé de rúa

Gol e partido de futbolistas

02.10.2016 | 01:50
Gol e partido de futbolistas

Nun segundo todo mudou. Foi case no derradeiro segundo, cando xa non había tempo para máis. Nese momento Babel sacou un disparo estilo Babel. Ese gordo fichado fóra de tempo por mor da súa situación en paro tirou un dereitazo aló onde nunca chega un porteiro. Ese gordo, a quen moitos non coñecían -os mesmos que tampouco sabían quen era Lucas e agora se laian da súa marcha-, converteuse de súpeto no heroe da xornada de onte. Eu estaba xa cos apuntamentos na man sen gañas de anotar nada máis, caín do erro de que dun futbolista sempre se pode agardar algo, e xurdiron os dous futbolistas que hai no Deportivo: Çolak e Babel. Certo, o holandés ten que mellorar moito fisicamente, pero desde que entrou amosou o que é. Para min antes o home do partido era o turco, un 8, o número que levaba aquel tipo a quen eu definín como o fútbol feito carne: Djalminha. Non vou agora comparar, e menos cun dos mellores futbolistas que eu vin en directo, pero este Çolak ten moi boa pinta. Boísima. Dis que xoga de mediapunta. Non sei, porque non sei que é iso. Un xogador que estea detrás do dianteiro para tentar dar un derradeiro pase sen facer nada máis? Se é iso, Çolak xoga doutra cousa, xoga como fai un futbolista con xerarquía, movéndose por onde está o xogo, sen agacharse, e axudando sempre os compañeiros. Pero o seu traballo esvaeuse polo gol de Babel. "Meréceo", dixo alguén preto de min. Sen dúbida, pois desde que entrou aportou pouso ou algo máis simple: fútbol. Bendito fútbol.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine